InicioLugo e contornaLugoInterceptan un condutor que case cuatriplicaba a taxa de alcol permitida

Interceptan un condutor que case cuatriplicaba a taxa de alcol permitida

Ao condutor instruíronselle dilixencias por delito contra a seguridade viaria por xuízo rápido, procedendo á inmovilización do vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que circulaba de forma temeraria case cuatriplicando a taxa de alcol permitida.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos sucederon ás 20,10 horas deste mércores, 23 de novembro, cando os axentes detectaron a un vehículo que circulaba de forma temeraria pola rúa de Galicia.

Os actuantes interceptaron ao condutor, que presentaba “signos de estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas”. Por iso, os funcionarios someteron ao condutor a unha proba de alcoholemia, arroxando nesta un resultado positivo de 0,90 mg/l.

Ao condutor instruíronselle dilixencias por delito contra a seguridade viaria por xuízo rápido, procedendo á inmovilización do vehículo.

Así mesmo, abriuse un expediente sancionador contra o individuo por condución temeraria, cunha multa de 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Por outra banda, sobre as 03,20 horas da madrugada deste xoves produciuse un accidente de circulación na Avenida das Américas despois de que un dos vehículos implicados, que circulaba por esta vía en dirección saída da cidade, saíuse do carril, chegando a chocar contra dous turismos correctamente estacionados.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, o condutor triplicaba a taxa de alcol permitida. Por iso, instruíronselle dilixencias por delito contra a seguridade viaria por xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...