Home Economía Satisfacción na CIG polo interese da multinacional Reny Picot pola planta de Tegestacín en Outeiro de Rei

Satisfacción na CIG polo interese da multinacional Reny Picot pola planta de Tegestacín en Outeiro de Rei

0
Satisfacción na CIG polo interese da multinacional Reny Picot pola planta de Tegestacín en Outeiro de Rei
Interior da factoría de Tegestacin / tegestacin.es

O responsable do sector de alimentación da CIG, Cristián López, celebrou o interese da firma láctea asturiana Reny Picot pola planta de Tegestacín, situada no concello lugués de Outeiro de Rei e que formou parte do Grupo Leite Pascual.

Con todo, en declaracións aos medios este venres, apelou a estudar a posible compra, valorada en 2,5 millóns de euros, “con moita cautela porque é unha operación pendente de autorización e confirmación”.

“Parece unha boa noticia porque no sector lácteo cando se recupera a actividade nunha factoría e así realmente está dedicada a facer transformación e elaboración de produto, iso supón unha capacidade de emprego efectivo”, destacou, antes de subliñar que a central nacionalista está “pendente de ver como se materializa esa operación e esa oferta”.

“Hai que ter en conta a historia destas instalacións, na transformación de produtos funcionaron ben, cando se afastaron desa formulación e se dedicaron a ser meros centros de cisterneo e de contrabando de leite, non tiveron capacidade de transformar emprego”, sinalou. Con todo, o sindicalista da CIG considera que é “unha boa noticia” para un centro que a compañía Tegestación “dedicouse a despezar”.

“Iso levounos a presentar unha demanda de insolvencia punible (a Tegestacín). É unha pena que non prosperasen as medidas cautelares que se solicitaron no seu día”, lamentou. Dos traballadores de Tegestacín, que chegaron a ser máis de 70, López puntualiza que “as relacións laborais concluíron coa anterior empresa”.

+ posts