InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo critica a Rueda por "impoñer" a data do...

A alcaldesa de Lugo critica a Rueda por “impoñer” a data do encontro logo de presentar os orzamentos da Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afeou este venres ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que a vaia a recibir o vindeiro luns na sede do Goberno galego na cidade cando xa se presentaron e remitido ao Parlamento os orzamentos autonómicos de 2023.

Nunha comparecencia ante a prensa, Méndez lamentou “profundamente” que Rueda “fixase unha data de forma unilateral” para ese encontro a pesar de que o Concello xa llo pedira “o 31 de maio”. Ademais, protestou por que o faga “despois de presentar os orzamentos”.

“Así se nos mingua toda posibilidade de que puidese atender as nosas peticións, que é do que se trataba esa reunión, de trasladarlle as necesidades e as peticións de Lugo e agora cinco meses despois ponnos unha data de forma unilateral para abordar estes temas”, insistiu.

Lara Méndez ve nisto “unha falta de respecto á cidadanía de Lugo, por non escoitar as súas necesidades”. “E é unha perda de oportunidades para mostrar outra forma de gobernar, outra forma distinta de ter en conta á cidade de Lugo e aos seus veciños, polo que moito me temo que a reunión do luns será un mero trámite para sacar unha foto”, resignouse.

A alcaldesa de Lugo valorou, seguidamente, que as contas da Xunta para 2023 “ignoran os seus compromisos e competencias dentro do centro histórico, do rural, dos barrios, e mesmo ningunea as promesas que fixera Feijóo antes de marcharse para Madrid”.

Así, da zona vella queixouse de que o Goberno autonómico “elude as súas competencias na recuperación do centro histórico e do patrimonio romano”. En canto a reivindicacións para os barrios, a alcaldesa de Lugo lembrou os 21 anos que leva para executar o plan ‘Paraday’ ou os “cantos de sirena” da Xunta coa rolda este.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...