InicioSucesosBuscan dous cans que mataron varias galiñas en Lugo

Buscan dous cans que mataron varias galiñas en Lugo

Doutra banda, efectivos retiraron unha árbore caída na Praza do Campo Castelo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Buscan dous cans que mataron varias galiñas nunha vivenda en Santa María Alta, en Lugo. Axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiron ás 23,45 horas ante a alerta dun ataque dos cans no interior dunha explotación.

Os donos da explotación detectaron que, ademais das varias galiñas mortas, desapareceran outrAS catro máis, o cal foi comunicado aos axentes, xunto coa descrición dos cans que perpetraron o ataque.

Segundo informa a Policía Local, os axentes realizaron varias roldas polo lugar, sen que puidesen localizar “os animais agresores”, polo que as indagacións para a súa localización “continuarán nos días posteriores”.

Doutra banda, durante este mércores, a Policía de Barrio acudiu á Praza do Campo Castelo ante a caída dunha árbore neste emprazamento tras recibir a alerta e xestionaron a retirada a cargo da empresa de mantemento das zonas verdes.

No parte da policía tamén se recolle o aviso dun incendio nun edificio da Rampla de Claudio López, por abundante fume no inmoble. Así, tomáronse as medidas preventivas para asegurar a zona e, finalmente, púidose pescudar que se trataba dun defecto no queimador da caldeira, que foi desconectada por un veciño ante a situación xerada, polo que xa non foi necesaria a intervención dos Bombeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...