InicioEconomíaFademur denuncia "déficit de profesionais" nos municipios da montaña lucense e apoia...

Fademur denuncia “déficit de profesionais” nos municipios da montaña lucense e apoia a mobilización do xoves

O sindicato CCOO de Lugo rexistrou nos concellos de Lugo, Guntín, Portomarín, Rábade, Outeiro de Rei e Friol unha solicitude formal para reclamar á Xunta a ampliación "urxente" dos recursos do 061 na área central da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fademur Galicia denunciou a «carencia de profesionais» que padecen os municipios da montaña lucense e apoiou a mobilización convocada para este xoves contra o «déficit» en materia sanitaria. Nunha nota de prensa, a federación criticou a «política de recortes» que impulsa a Xunta e pediu ao Goberno galego que cambie unha estratexia que «atenta contra o dereito de acceso da poboación rural a unha sanidade pública de calidade».

Neste contexto, mostrou o seu apoio á mobilización que terá lugar este xoves, na que veciños e veciñas dos Ancares concentraranse fronte á Delegación da Xunta en Lugo en protesta pola situación dos centros de saúde. Fademur alertou de centros de saúde que prestan atención por días ou por horas; de profesionais que son itinerantes en varios concellos á vez; de prazas, baixas e vacacións sen cubrir; de tempos de espera elevados e da sobrecarga nos PAC e nos servizos de urxencias.

«Unha pésima calidade asistencial» que os veciños veñen denunciando desde hai meses, ademais doutros factores, como a necesidade de desprazamentos que poden superar unha hora para ser atendidos. Por todo iso, a federación condenou unha situación que «vulnera o dereito dos veciños e veciñas» a unha asistencia sanitaria «de calidade» e que afecta especialmente as mulleres, que seguen asumindo a maior parte das tarefas de coidados.

«A dispoñibilidade dun único médico e dunha ambulancia para cubrir as urxencias nocturnas de cinco municipios que suman máis de 900 quilómetros cadrados pode supoñer condena de morte no caso de coincidir en tempo dúas urxencias», advertiu. Con todo, esixiu reverter esta situación de «abandono sanitario» que a Xunta «impoñen» nunha zona con un índice de envellecemento elevado e con necesidades asistenciais altas.

CCOO

O sindicato CCOO de Lugo rexistrou nos concellos de Lugo, Guntín, Portomarín, Rábade, Outeiro de Rei e Friol unha solicitude formal para reclamar á Xunta a ampliación “urxente” dos recursos do 061 na área central da provincia.

Segundo relatan nun comunicado, o sindicato busca implicar ás administracións locais nun problema “grave, estrutural e perigoso” para a atención sanitaria de máis de 144.000 veciños que dependen “duns recursos claramente insuficientes”.

Explican que actualmente a área conta unicamente con dúas ambulancias asistenciais e unha soa ambulancia medicalizada para cubrir emerxencias sanitarias durante as 24 horas do día. “O máis grave é que Lugo segue cos mesmos recursos sanitarios de emerxencias que en 1998, pese ao enorme aumento da poboación, do envellecemento e da presión asistencial”, lamentan

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...