InicioSucesosOutras dúas atraccións das festas do San Froilán, pechadas por subir os...

Outras dúas atraccións das festas do San Froilán, pechadas por subir os prezos

Incrementar o prezo das entradas "imcumple as bases do prego" de contratación coa administración local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo mantén pechadas con precinto dúas atraccións das festas de San Froilán durante este martes despois de detectarse unha subida dos prezos, o cal “imcumple as bases do prego” de contratación coa administración local.

Así o confirmou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, quen detallou que o goberno municipal abriu expediente sancionador a ambas as atraccións, coñecidas como ‘El Ciclón’ e ‘Rodeo Show‘, por subir o custo da entrada.

Segundo explicou Ferreiro, os pregos establecen que nin os prezos nin a duración da viaxe “poderán sufrir alteracións” durante os días que duren as festas. A clausura fíxose efectiva desde as 00,00 horas deste martes e durará toda a xornada deste 11 de outubro, en vésperas do festivo do 12 de outubro, ata cando se prolongan as festas.

Así mesmo, o Concello de Lugo decidiu pechar catro postos de venda situados na contorna do recinto feiral por situar a súa mercadoría na vía pública en reiteradas ocasións, a pesar das advertencias realizadas tanto por parte da Policía Local como dos comisarios das festas.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...