InicioSociedade"Expectativas moi altas" para o San Froilán 2022

“Expectativas moi altas” para o San Froilán 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, augurou un San Froilán "moi masivo" e o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, pide que se aposte polo transporte público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, augurou un San Froilán “moi masivo”, as festas patronais da cidade que arrincan este martes co pregón da comunicadora Esther Eirós e que conclúen o 12 de outubro. Ao tempo, o Concello decidiu reforzar e ampliar as liñas de autobuses.

Méndez lembrou o impacto que tivo esta fin de semana, coa apertura das barracas e cos distintos eventos previos ás festas, co que as expectativas “son moi altas”. “A climatoloxía tamén parece que vai acompañar e iso sempre axuda para que a xente se anime a saír de casa”, destacou.

Tras recuperarse a “normalidade”, logo de dous anos marcados pola pandemia, a rexedora lucense atreveuse a vaticinar que a edición deste ano vai “ser moi masiva, con moita afluencia de xente”.

AUTOBUSES

Pola súa banda, o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, anunciou que para este San Froilán igual que se fixo noutras edicións, vai haber unha serie de liñas de buses urbanos ata as tres da mañá, nas vésperas de festivos e días non laborables.

En concreto será o día 4, o venres pola noite, o sábado pola noite e na véspera do 12. “Son liñas que van conectar diversos barrios da cidade co centro, co que queremos animar a xente de Lugo a que durante estas festas de San Froilán, se consomen alcol, non toquen o coche”, recomendou.

“FESTAS SEGURAS”

Arroxo reivindicou unhas “festas seguras e que se aposte polo transporte público“. Para estes días habilitaranse “seis liñas e vai haber dúas das que cobren o eixo norte sur e logo outras catro que comunican os barrios, con menos frecuencias que durante o día”.

Precisamente, a frecuencia de norte sur, da cidade de Lugo, vai ser cada 40 minutos e a dos barrios será dunha hora.

ÚLTIMAS

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

As enmendas do PP de Lugo ao orzamento expoñen execución de obras pendentes e pagos anticipados

O Partido Popular de Lugo presentou este luns un conxunto de emendas aos orzamentos...

Comedor escolar na aula móbil do Colexio Fingoi 2

A Escola de Educación Infantil Fingoi 2 de Lugo ofrece desde hoxe o servizo...