InicioSociedadeDetido por homicidio imprudente un home que conducía ebrio en Lugo e...

Detido por homicidio imprudente un home que conducía ebrio en Lugo e arroiou un motorista, que morreu

O arrestado deu positivo no control de alcoholemia, cunha taxa tres veces superior á permitida, ao alcanzar 0,78 miligramos/litro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun turismo foi detido acusado de homicidio imprudente ao chocar contra un motorista, que perdeu a vida no sinistro ocorrido en Lugo. O arrestado deu positivo no control de alcoholemia, cunha taxa tres veces superior á permitida, ao alcanzar 0,78 miligramos/litro.

O sinistro tivo lugar ás 23,30 horas deste luns, 26 de setembro, segundo informou a Policía Local. O accidente tivo lugar na confluencia da Rolda do Carmen coa rúa Santiago.

Os axentes que participaron no dispositivo comprobaron que un turismo chocara coa parte dianteira contra a posterior dunha motocicleta, que estaba detida nun semáforo na confluencia coa rúa Santiago. Como consecuencia do impacto, desprazouna violentamente e o seu condutor quedou tirado na calzada.

O condutor da moto, de 50 anos de idade, foi asistido por unha ambulancia do 061, pero o facultativo só puido certificar o seu falecemento.

Os policias locais practicaron ao condutor do turismo, de 65 anos e veciño de Lugo, unha proba de alcoholemia, que arroxou un resultado positivo de 0,78 mg/l. Así, o home foi detido acusado dun presunto delito de homicicio imprudente, con resultado de morte. Foron instruídas dilixencias para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...