InicioEconomíaPPdeG Lugo presenta unha moción na Deputación para defender á frota galega...

PPdeG Lugo presenta unha moción na Deputación para defender á frota galega das limitacións á pesca

Di que a eliminación de certos caladoiros da UE para a pesca de fondo "é absolutamente inxusta".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PP presentou o pasado mércores 21 na Deputación de Lugo unha moción de defensa da pesca de fondo galega fronte ás limitacións impostas por Bruxelas, tal e como fixo público este venres o portavoz popular Javier Castiñeira en Celeiro.

Alí estivo acompañado do patrón maior da confraría, Domingo Rey, que é ademais vicepresidente do Porto de Celeiro. Castiñeira lembrou que a nova regulación de Pesca de Fondo da Comisión Europea elimina 87 caladoiros, “algúns deles afectan directamente os portos de Celeiro e Burela, pero tamén hai barcos prexudicados noutros portos”.

Son moitos os barcos que ven afectados pola eliminación deses caladoiros, moitos os postos de traballo, centos de familias que se verán prexudicadas”,

Os populares aclaran que son “conscientes” de que a Deputación de Lugo é unha administración local, pero consideran que “é o ámbito adecuado para buscar o apoio dos 330.000 lucenses ao sector da pesca, que se debe sumar ao apoio da Xunta de Galicia para tratar de que o Goberno de España chegue ata as últimas posibilidades, incluída a xustiza europea”.

“A eliminación de certos caladoiros para a pesca de fondo é absolutamente inxusta e non está razoada con informes técnicos. A frota galega, a da Mariña, é especialmente coñecida polo coidado na sustentabilidade das especies, con calidade moi alta. Non podemos ser prexudicados unha vez si e outra tamén, proque ao final vai en contra do crecemento da nosa frota”, asegurou o portavoz popular.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...