InicioLugo e contornaLugoA Policía investiga as pelexas de menores en Lugo que se publican...

A Policía investiga as pelexas de menores en Lugo que se publican en redes sociais

Asegura que non se produciu ningunha denuncia e que non se "observa ningún feito delituoso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fontes da Policía Nacional de Lugo confirmaron que realizan un seguimento de vídeos de menores participando en pelexas na cidade, que se publican en redes sociais.

Estas mesmas fontes acreditan que non se produciu ningunha denuncia e que non se “observa ningún feito delituoso”.

Trátase de imaxes, vídeos tamén, con menores pelexándose que se subiron ás redes sociais, logo de que a propia policía rastrexase este tipo de situacións e despois da denuncia dalgúns pais.

Insisten en que se está “co seguimento” das devanditas pelexas, e afánanse en explicar, desde a comisaría da cidade de Lugo, que “non se observa ningún feito delituoso”, aínda así van estar pendentes deste tipo de rifas entre menores na cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...