InicioSucesosDenunciado un ciclista en Lugo pola Lei Mordaza por insultar a axentes...

Denunciado un ciclista en Lugo pola Lei Mordaza por insultar a axentes tras negarse a facer a proba de alcolhemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ciclista foi denunciado ao negarse a facer unha proba de alcoholemia en Lugo, despois de que fose interceptado pola Policía Local ante a súa condución errática, así como por insultar aos axentes, nunha actitude que proseguiu posteriormente desde a xanela da súa vivenda, próxima ao lugar no que se realizaba o control.

Segundo o relato policial, o ciclista circulaba por zona peonil na madrugada do venres ao sábado “con signos evidentes” de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Así, foi denunciado administrativamente por negarse a facer as probas –o que carrexa unha sanción de 1.000 euros–.

Posteriormente, foi tamén denunciado, con base na Lei de Seguridade Cidadá –coñecida como ‘lei mordaza’–, ao manter unha actitude “desafiante” e insultar aos axentes, actitude que “mantivo despois” desde a xanela da súa vivenda.

Paralelamente, durante o fin de semana, a Policía Local denunciou a dous condutores por arroxar positivo en alcoholemia, así como a outro ao que se lle retirou o carné de conducir. Paralelamente, foron denunciados 32 condutores por exceso de velocidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...