InicioEconomíaA hostalaría protesta polo límite de prezo do Concello de Lugo á...

A hostalaría protesta polo límite de prezo do Concello de Lugo á ración de polbo nas casetas do San Froilán

O goberno municipal pide "comprensión nun momento de dificultade económica para todo o país".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hostaleiros protestan pola limitación do Concello de Lugo á hora de fixar o prezo da ración de polbo nas casetas do San Froilán, que será de 12 euros.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, pídelles “comprensión nun momento de dificultade económica para todo o país”, e engade que “toca asumir que se gañará menos que outros anos, pero todo o mundo poderá gozar do tradicional polbo de San Froilán”.

Nunha primeira convocatoria, o concurso das casetas quedara deserto. O sector da hostalaría dicía que as esixencias económicas eran “inasumibles tendo en conta como subiron todos os custos”. Por parte do executivo local prometíanse “reunións” para chegar a un acordo cos interesados e así foi, aínda que non convence ao sector ao cento por cento.

Juan Pazó, da Aurora do Carballiño, confirmou que a súa caseta estará no parque de Rosalía e, aínda que agradece “a boa fe do Concello e a recepción da concelleira”, non comparte o tope fixado. “Defendo o libre mercado, que é isto de limitar a ración? Ademais, a diferenza co resto de locais de hostalaría é moi grande”, protesta.

Mentres que nas casetas a ración estará a 12 euros, Pazó insiste en que noutros restaurantes de Lugo poderá oscilar entre os 16 e os 18 euros.

Ferreiro, pola súa banda, defende a postura do executivo. “Ninguén se pode meter nos prezos que fixe o sector nos seus locais privados, pero, despois de estudalo, cremos que esta cantidade (12 euros) pode ser asumible para unha gran parte da poboación que queira gozar do festexo”.

Pazó cifra en 30.000 euros os custos de montar e desmontar a caseta do polbo e dille ao Concello que os seus gastos tamén aumentan. “Que limiten o prezo do gas, da luz, do combustible… é que onde se viu isto?”, protesta Pazó. Con todo, Ferreiro móstrase asombrada por estas declaracións, xa que “o límite das racións sempre se fixou”.

CALDEIROS NAS RÚAS

Lugo Monumental tamén quere rexistrar unha petición ao Concello para que se lles permita instalar aos hostaleiros caldeiros nas súas propias terrazas “como xa se fixo durante a pandemia”. O presidente da asociación, Luís Latorre, cínguese ao centro histórico e incide en que esta non sería unha competencia directa ás casetas, xa que “o perfil do cliente é diferente”, puntualiza.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...