InicioLugo e contornaLugoLara Méndez ve "incomprensible" que a Xunta non acepte as plataformas de...

Lara Méndez ve “incomprensible” que a Xunta non acepte as plataformas de baño públicas no Miño

"Agora non lles vale nin un cambio de localización, que era o que nos pedían nun inicio", criticou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tachou de “incomprensible” que a Xunta non acepte as súas propostas para a instalación de plataformas de baños públicas no Miño. “Agora non lles vale nin un cambio de localización, que era o que nos pedían nun inicio”, criticou.

O goberno socialista asegura que “un segundo estudo enviado” á consellería ratifica o baixo número de mexillóns atopados na zona das plataformas de baño pública proposta polo concello” e esta nova negativa indica “un claro interese partidista para que Lugo non teña zona de baño”.

Desde o executivo de Lara Méndez defenden que “os técnicos municipais, seguindo os cálculos de proxección de exemplares que segue o propio Servizo de Patrimonio Natural da Xunta, o número de bivalvos que quedarían cubertos polas plataformas achégase aos 3.230, unha cifra moi por baixo do rango de 6.000 a 10.000 que estimaban desde a Xunta”, ejemplifica.

Nas alegacións presentadas polo goberno lucense tamén se remiten “unha vez máis” aos informes relativos ao caudal do río e confirman “de novo, que as variacións do caudal na época estival son perfectamente compatibles coa instalación das plataformas”.

Agora, desde o concello esperan a resposta da Xunta de Galicia porque “non poden facer máis”. “Presentamos dous estudos, a Confederación pídenos que esperemos a que se pronuncie o goberno galego”, dixo. Méndez pide, ademais, unha maior claridade nas argumentacións en canto á negativa “constante”.

En especial, a rexedora municipal desexa saber os motivos que fixeron cambiar de idea ao goberno da Xunta. A socialista pregúntase a “que se debe este cambio de opinión”, posto que xa contaban “coa autorización que lles permitía colocar a estrutura flotante durante 25 anos”. “Nós témolo claro: as eleccións”, manifestou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...