InicioMedioambiente e PatrimonioLugo, galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima

Lugo, galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima

A cidade recibe este recoñecemento polo proxecto do barrio multiecolóxico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo foi galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima polo seu barrio multiecolóxico, segundo informa. Trátase, engade, do único concello galego galardoado con iso. A iniciativa enmárcase na estratexia LIFE Lugo+Biodinámico que traballa no deseño da cidade como modelo de resiliencia urbana.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) recoñece por segundo ano consecutivo o labor do concello no tocante á acción polo clima e, neste caso, destaca a súa contribución á adaptación ao cambio climático.

O proxecto de planificación dun barrio multiecolóxico na zona da Garaballa, impulsado polo goberno local no marco da estratexia LIFE Lugo+Biodinámico como modelo de resiliencia urbana, foi galardoado co segundo premio no IX edición do Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...