InicioPolíticaPSdeG e BNG: "Elena Candia non vive en Lugo e nin está...

PSdeG e BNG: “Elena Candia non vive en Lugo e nin está censada na cidade”

Din que só vai nas listas para aspirar á Presidencia da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tanto o PSdeG-PSOE como o BNG teñen claro que a presidenta do PP na provincia de Lugo e recentemente desvelada como candidata á Alcaldía da capital, Elena Candia, será a líder da oposición tras as eleccións municipais de 2023.

Desde as filas socialistas, o vicesecretario provincial do partido e alcalde de Castroverde, José María Arias, valorou de “forma positiva” para a alcaldesa e candidata do PSOE, Lara Méndez, que o PP leve á que durante tres meses, en 2015, foi presidenta da Deputación de Lugo.

O ‘número dous’ do PSOE provincial destacou que Méndez é xa “unha alcaldesa consolidada (cumprirá oito anos), que ten a súa familia en Lugo, que leva anos en Lugo e que antes foi vicepresidenta da Deputación”.

Iso si, aínda que admite que Candia, exrexedora de Mondoñedo, é “unha boa rival, porque é boa política”, Arias recoñece que “aínda así é alcanzable para que o PSOE obteña un bo resultado”.

Por parte do BNG, o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, dixo “respectar os procesos internos” doutros partidos, pero ve “totalmente negativo que a futura líder da oposición no Concello de Lugo sexa unha persoa que non vive en Lugo”.

Non viviu nunca na cidade, non está censada en Lugo e non ten ningunha vinculación con Lugo. Na oposición é moi importante que a persoa que a lidere non estea totalmente desconectada da cidade. Candia só vai nas listas para poder aspirar a presidenta da Deputación e iso é moi negativo para Lugo”, censurou o nacionalista.

Neste contexto, Arroxo reivindicou que “Lugo ten que seguir avanzando e tense que ter un proxecto político claro”. “Isto non pode ser un trampolín, porque é unha falta de respecto para Lugo”, lamentou.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...