InicioMedioambiente e PatrimonioO Garañón será derrubado en "dez meses ou antes"

O Garañón será derrubado en “dez meses ou antes”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello de Lugo calcula que en dez meses “ou antes” podería concluírse coa demolición do Garañón, a urbanización aos pés do parque Rosalía de Castro que foi paralizada e investigada pola xustiza.

Xa esta semana aprobouse na xunta de goberno o estudo para acometer eses traballos, cun prazo de dous meses ao que habería que engadir outro oito para a demolición final. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, puntualizou que “o propio prego que se sacou fala dun máximo de oito meses, pero o tempo darao o propio proxecto”.

E iso porque “non se sabe como se vai a derrubar, se manualmente, se mecanicamente, se con voadura controlada”. “Unha vez que se defina iso, que virá definido no proxecto é o que nos vai a dar o tempo real”, sentenciou.

Lara Méndez concretou que “de momento o proxecto está nese período de dous meses para o proceso de licitación, á vez que o promotor, que está nun concurso de acredores, ten que tomar a decisión de motu propio ou senón de forma subsidiaria o concello (para a demolición)”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...