InicioSociedadeAsí está Lugo: gran risco de incendios en toda a provincia

Así está Lugo: gran risco de incendios en toda a provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Gran parte das provincias de Lugo e Ourense, así como o sur de Pontevedra e zonas de interior da Coruña atópanse en risco de incendio extremo este venres.

Así figura no Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI), que elabora a Consellería de Medio Rural. Téñense en conta a análise de diversos factores que inflúen no comportamento do lume, tales como condicións de seca, humidade, temperatura e vento.

Con todo as zonas costeiras da Coruña, a metade norte de Pontevedra e A Mariña lucense están en risco moderado de lumes forestais nesta xornada.

Galicia atravesa os efectos dunha onda de calor que obrigou a decretar a alerta vermella en Ourense nos últimos días. O país, canda oito comunidades autónomas, estará este venres en aviso laranxa por risco importante por altas temperaturas.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...