InicioSucesosQuen profanou un dos cemiterios de Castroverde?... "Non ten sentido ningún", di...

Quen profanou un dos cemiterios de Castroverde?… “Non ten sentido ningún”, di o rexedor

José María Arias di que "parece cousa de nenos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde do municipio lucense de Castroverde, José María Arias, non ten outra explicación sobre o acontecido no cemiterio de Soutomerille: “Parece cousa de nenos“. E é que este martes pola mañá apareceron profanadas catro tombas neste camposanto, polo que atravesa o Camiño Primitivo a Santiago, e outras seis presentan danos.

É a Garda Civil a que abriu unha investigación sobre este acto que o alcalde nin se atreve a cualificar como vandálico, senón que se limita a soltar que “non” ten “nin idea” de quen podería estar detrás do ataque. “Está a Garda Civil investigando. Isto non vén a nada, non ten sentido o esnaquizar por esnaquizar. É esnaquizar algo que non ten maior sentido”, lamentou.

Catro tombas profanadas e outas seis danadas é o balance deste ataque “sen sentido” e que supón “toda unha desfeita”, ao modo de ver de Arias. “Todo isto non ten sentido ningún. Parece máis cousa de nenos que non saben o que fan, que outra cousa”, clamou finalmente o alcalde de Castroverde, que segue sen dar “crédito” ao acontecido no cemiterio de Soutomerille. Os estragos producíronse en nichos de familiares de distintas familias do concello de Castroverde alí inhumados.

ÚLTIMAS

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...