InicioEconomíaO SERGAS saca a concurso por máis dun millón de euros as...

O SERGAS saca a concurso por máis dun millón de euros as obras no HULA para implantar un equipo PET-TC

As mesmas fontes sanitarias destacan que o Sergas investirá máis dun millón de euros na execución destas obras, ás que se engade o custo do PET-TC, co que o investimento final superará os 2,5 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), sacou a concurso público por máis dun millón de euros a execución das obras necesarias para crear no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo a zona na que se instalará o equipo PET-TC.

Segundo informou a área sanitaria de Lugo nun comunicado, o equipo PET-TC co que será dotado o HULA estará situado na Unidade de Medicamento Nuclear e a súa instalación require a realización previa de “importantes e complexas obras” para crear os espazos adaptados a esta nova tecnoloxía.

As mesmas fontes sanitarias destacan que o Sergas investirá máis dun millón de euros na execución destas obras, ás que se engade o custo do PET-TC, co que o investimento final superará os 2,5 millóns de euros.

A Xunta lembra que o pasasdo 2 de xullo autorizou a adquisición de tres equipos PET-TC para os hospitais de Ourense, Lugo e Meixoeiro de Vigo, por importe de 5,5 millóns de euros.

O PET-TC on o que será dotado o HULA “é un equipo de última xeración”, concretan as mesmas fontes, provisto “dos últimos avances no diagnóstico e seguimento do cancro e outras enfermidades” que, engaden, “permitirá detectar tumores antes de que sexan apreciados por outras técnicas diagnósticas”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...