InicioSociedadeLugo, no centro dun estudo a nivel europeo sobre o patrimonio en...

Lugo, no centro dun estudo a nivel europeo sobre o patrimonio en cidades amuralladas

A profesora Elena Freire Paz promove xunto con investigadoras das universidades de Le Mans e La Sapienza un proxecto europeo para analizar dinámicas sociais con respecto ao patrimonio recoñecido pola UNESCO.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Investigadoras da área de Antrolopoloxía Social e Cultural da USC sitúan a cidade de Lugo e a súa muralla romana declarada Patrimonio da Humanidade como referentes para outras cidades europeas que aspiran a acadar un recoñecemento semellante por parte da Unesco.

Fano ao abeiro do proxecto MURUS-Murailles Romaines à l’ UNESCO e Sociétés, unha iniciativa transnacional promovida desde a Universidade de Le Mans, na que xa traballan a USC desde o Campus de Lugo e a Universidade la Sapienza (Roma), e que ambiciona acadar unha maior dimensión internacional coa incorporación de novos centros universitarios implicados.

O proxecto xurdiu a raíz da candidatura presentada pola cidade de Le Mans para que a súa muralla tardorromana fose declarada Patrimonio da Humanidade. Dentro desta iniciativa, as profesoras da Universidade de Le Mans Ellodie Salin, investigadora da área de Xeografía Social e autora de informes para o Consello Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos), e Estelle Bertrand, profesora da área de Historia Antiga e especialista en patrimonio e turismo, completaron unha primeira estadía na capital luguesa a pasada semana.

Salin e Bertrand aproveitaron para manter diversas reunións de traballo coa profesora Elena Freire Paz e outras investigadoras na Facultade de Humanidades. A visita á muralla romana e a outros enclaves patrimoniais da cidade, ademais de xuntanzas con representantes políticos e asociacións culturais e veciñais, formaron parte da axenda destas investigadoras francesas.

Os traballos iniciais, desenvolvidos nos dous últimos anos que culminan con este intercambio, acaban de seren revalidados polo goberno rexional de Pays-de-la-Loire, quen confirmou, coincidindo coa visita de Salin e Bertrand a Lugo, a consolidación do proxecto para os próximos dous anos cunha dotación económica de 77.000 euros. Nesta fase de consolidación do grupo, está previsto realizar un traballo de investigación científica desde as ciencias sociais que transcorra en paralelo nas cidades de Lugo e Le Mans así como un acompañamento baseado na transferencia para a nova candidatura.

Nese contexto o Campus lucense supón “un aval moi destacado”, indica a USC, como intermediario para a ampliación do elenco de socios internacionais do proxecto Murus que se está a barallar.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...