InicioMovementos sociaisLugo Sen Mordazas chama dende O Garañón a manifestarse o día 26

Lugo Sen Mordazas chama dende O Garañón a manifestarse o día 26

A plataforma contra o proxecto de ordenanza cívica desprega unha pancarta nas torres do Garañón, símbolo "da podredume da clase política"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo Sen Mordazas tomou O Garañón para despregar un enorme cartel coa data e a hora da manifestación contra o proxecto de ordenanza cívica que plantexan no consistorio os grupos do Partido Socialista, o Partido Popular e Ciudadanos, con apoio de empresarios locais. Logo de apelar os comerciantes da cidade, a causa recibiu apoio de diferentes colectivos sociais e culturais na recta final cara á protesta do 26 de setembro, convocada na Praza de Santa María ás 20.30 horas.

Malia que fontes municipais negan que as sancións contempladas no borrador da normativa sexan as que reflicte Lugo Sen Mordazas, o escrito esperta dúbidas xurídicas, contendo elementos de difícil compatibilidade con dereitos fundamentais, e incluso podería resultar inconstitucional, estabelecendo conflitos de competencias. O Colexio Oficial de Traballo Social cualifica a ordenanza de “antidemocrática”.

A tensión entre o colectivo e o Concello aumentou considerablemente nas últimas semanas. A escalada comezou trala sanción de 300 euros imposta pola recollida de sinaturas nun posto sen permiso, e que derivou nun mural reivindicativo. A limpeza selectiva do mesmo, sen que o goberno local confirmase ou desmentise estar involucrado, levou a novas accións da plataforma crítica, entre elas outra pintada inspirada en Castelao que resultou igualmente eliminada de xeito discrecional ás poucas horas.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...