InicioEconomíaO Goberno aproba o etiquetado obrigatorio da orixe dos produtos lácteos

O Goberno aproba o etiquetado obrigatorio da orixe dos produtos lácteos

O Consello de Ministras aproba un Real Decreto a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e que celebra o sector dos lácteos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O real decreto aprobado hoxe polo Consello de Ministras, a proposta do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, estabelece a obrigatoriedade de que todos os lácteos detallen no seu etiquetado cal é a procedencia dos produtos. O Goberno atende así unha das grandes reivindicacións do sector gandeiro e dos sindicatos agrarios galegos e lucenses.

O sector dos lácteos levaba tempo agardando por esta iniciativa, recollida no acordo asinado hai tres anos. Un dos piares daquel punto de encontro era a necesidade de garantir información veraz o consumidor acerca do lugar de procedencia dos produtos. Co cambio de Goberno, esta medida colleu pulo e en tres meses acadou rango legal, sendo a primeira vez que España aproba regulación sobre etiquetado sen mandado europeo.

Gandeiros e sindicatos do sector dos lácteos denunciaron reiteradamente o prexuízo que lles ocasionaba a entrada masiva de leite a baixo prezo, procedente doutros países europeos como Francia e Portugal. Ese leite era envasado no país, de xeito que o consumidor compraba leite e derivados lácteos descoñecendo que a súa orixe non era galega.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...