InicioSociedadeA Deputación cede á UNED por 49 anos o edificio do seu...

A Deputación cede á UNED por 49 anos o edificio do seu centro asociado na cidade

Será a institución académica a que cubra integramente servizos como a electricidade, a auga, a calefacción, as liñas telefónicas e os impostos que afecten o edificio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o vicerreitor de Centros Asociados da UNED, Jesús de Andrés Sanz, asinaron este venres un convenio a través do cal o goberno provincial cede á universidade o edificio do seu propio centro asociado, que se atopa no barrio Tolda de Castela, por 49 anos.

Así, segundo informa a Deputación, a UNED contará agora con “máis autonomía” na xestión das instalacións, aínda que as deberá manter “en perfecta conservación” e ser responsable dos danos e deterioracións causadas.

Ademais, será a institución académica a que cubra integramente servizos como a electricidade, a auga, a calefacción, as liñas telefónicas e os impostos que afecten o edificio. Mentres tanto, a zona de aparcadoiro será de utilización conxunta.

Así mesmo, José Tomé, en calidade de presidente da xunta reitora da UNED de Lugo, dirixiu tamén este venres unha reunión extraordinaria para ampliar a oferta no centro coa impartición o próximo curso 2022-2023 dos graos de Educación Infantil, Ciencias Ambientais e Enxeñaría da Enerxía.

XUNTA DE GOBERNO PROVINCIAL

Por outra banda, a xunta de goberno da Deputación celebrada este venres aprobou unha adxudicación do servizo de conservación e mantemento de estradas de titularidade provincial por un importe de máis de 825.000 euros á empresa Extraco, Construcións e Proxectos S.A. Trátase do quinto e último lote deste contrato e afecta os concellos da Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

A portavoz do goberno, Pilar García Porto, destacou a importancia de dar luz verde a esta licitación: “Deste xeito toda a rede viaria provincial está cuberta e poden levar a cabo as tarefas necesarias para a conservación e o mantemento das estradas, así como a atención de emerxencias, causas sobrevindas e consecuencias das inclemencias meteorolóxicas que lles afecten”.

A xunta de goberno tamén aprobou a solicitude do Concello de Paradela para destinar a novas obras os remanentes de actuacións do Plan Único de 2021, por un importe de máis de 48.000 euros. En concreto, a Deputación achegará case 42.000 euros para acondicionar o acceso ao núcleo de Bacorrelle desde o cruzamento das Bustaregas.

Do mesmo xeito, aprobouse a licitación de obras de mellora por 95.000 euros na estrada provincial LU-P-3601, que conecta O Acivro, no municipio da Fonsagrada, con Negueira de Muñiz, e que discorre limítrofe con Asturias.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...