InicioLugo e contornaLugoSanidade alerta de contaxios no centro de día do Corgo: "non son...

Sanidade alerta de contaxios no centro de día do Corgo: “non son moitos”

Anuncian un cribado no recinto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade realizará un cribado no centro de día do Corgo tras detectarse contaxios por covid-19, segundo informaron a Europa Press desde o departamento autonómico de Política Social, que xestiona estas instalacións. “Hai algún caso, non son moitos”, dixeron, descartando que haxa un “brote masivo”. Por este motivo, indicaron que se fará un cribado, aínda que insistiron en que “a inmensa maioría” de usuarios e traballadores están “ben”.

“Leves ou asintomáticos”, precisaron en relación á situación no centro e tanto de usuarios como de traballadores destas instalacións. No mesmo, segundo apuntaron desde Política Social, hai prazas para 35 usuarios, mentres que o número de empregados, con “algún caso” de covid ascende a 18 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...