InicioSociedadePreto de 160 persoas visitarán varias zonas de Lugo da man da...

Preto de 160 persoas visitarán varias zonas de Lugo da man da Deputación

Trátase do programa 'Coñece a túa provincia', polo que sete entidades visitarán esta semana A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de montaña de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unhas 160 persoas participarán ao longo desta semana nas viaxes gratuítas do programa ‘Coñece a túa provincia’, impulsado pola Deputación de Lugo. En concreto, sete entidades participantes esta semana visitarán A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de montaña de Lugo, percorrendo concellos como Pedrafita do Cebreiro, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao ou Burela.

En concreto, este martes, a Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, de Ourol, visitou o Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois percorrer os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Durante a visita coñeceron a aldea do Cebreiro, cunha visita ás pallozas, percorreron dous quilómetros do Camiño Francés e achegáronse ata o municipio de Triacastela para visitar os seus recursos turísticos culturais e naturais.

O mércores, as entidades beneficiarias coincidirán na Mariña. A Asociación Cultural e Xuvenil Castro de Rei de Lemos, de Paradela, realizará unha ruta polos concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol tras coñecer o Mazo de Santa Comba, mentres que a Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos comezarán a visita no Pazo de San Marcos para continuar o percorrido polos concellos de Xove e Viveiro.

A Asociación de Mulleres Rurais de Begonte e a Asociación Veciñal e Cultural Monte do Calvario, de Vilalba, serán as entidades que viaxarán o xoves. Neste caso, a agrupación de Begonte coñecerá o traballo da produtora audiovisual da Deputación de Lugo para posteriormente achegarse a Sober e Monforte. Por outra banda, a entidade vilalbesa visitará o Pazo de San Marcos e viaxará ao concello de Sober.

As últimas entidades en realizar esta semana as viaxes serán o Centro Cultural Penas de Rodas de Outeiro de Rei e a Asociación Mulleres Rurais A Nosa Lareira, de Láncara. A primeira agrupación visitará O Saviñao tras coñecer as instalacións do Mazo de Santa Comba. A entidade lancaresa coñecerá os concellos de Burela e Foz, pero antes visitarán o Pazo de San Marcos.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...