InicioSucesosA Policía acode a un domicilio por unha rifa entre nai e...

A Policía acode a un domicilio por unha rifa entre nai e filla a conta do móbil

Os axentes mobilizáronse tralo aviso de veciñanza por "fortes berros".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo acudiron o pasado venres a un domicilio da cidade tras un aviso por “fortes berros” debido a unha discusión, enmarcada nunha rifa familiar, dunha muller coa súa filla de 11 anos debido ao uso do teléfono móbil.

Segundo relatou a Policía Local, na mañá do pasado venres, 22 de abril, recibiuse na sala do 092 o aviso por unha discusión nun inmoble situado na Rúa dos Gardas. Trasladados ao lugar, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio foron informados pola persoa que alertou de que escoitara “fortes berros” e orientounos sobre a súa posible procedencia.

Os axentes mobilizados dirixíronse á vivenda indicada e contactaron cunha muller que os informou de que discutira coa súa filla de 11 anos de idade pola “mala utilización que realiza do teléfono móbil”, sinalan as mesmas fontes. Os policías tamén se entrevistaron coa menor, a cal corroborou “totalmente”, destacan as mesmas fontes, a versión ofrecida pola nai, polo que ao non observar “ningún indicio de violencia”, deron por finalizada a actuación.

AUXILIO

Por outra banda, durante a tarde do pasado venres axentes de Policía de Barrio foron enviados á rúa Quiroga polo aviso da presenza dunha persoa desorientada. As mesmas fontes policiais indicaron que era un home de 66 anos de idade que se atopaba en estado de embriaguez e presentaba unha ferida nunha man, polo que foi atendido polo 061 e, posteriormente, trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...