InicioPolíticaO centro histórico de Lugo estará peonalizado en 2024

O centro histórico de Lugo estará peonalizado en 2024

Actuarase sobre tres zonas: a Praza de Santo Domingo, Praza do Ferrol e rúa San Fernando, e finalmente nas rúas Bolaño Ribadeneira, Quiroga Ballesteros e Amor Meilán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

En 2024 estará peonalizado todo o centro histórico da cidade de Lugo, de maneira que se actuará sobre o 15 por cento desta zona da cidade que aínda queda por peonalizar.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado do Goberno, José Miñones, presentaron en rolda de prensa o anteproxecto para o aproveitamento e peonalización do centro histórico, que se licitará a finais deste ano por case seis millóns de euros, en concreto 4,4 que proceden dos fondos Next Generation máis un millón e medio que achegará o concello.

Méndez anticipou que con este proxecto se pretende tamén rebaixar as emisións de CO2 e deixar a zona vella como zona “de baixas emisións”. “Actuaremos nese 15 por cento restante que nos quedaba para petaonalizar todo o centro histórico, converter así toda a zona centro nunha zona de baixas emisións”, sinalou.

Méndez advertiu que a través de “este urbanismo sustentable, se busca, á súa vez, no centro histórico gañar espazos e reducir o tráfico e renaturalizar o recinto amurallado”. “Outro dos fins é minorar a contaminación atmosférica e minorar a contaminación acústica”, redundou.

SOBRE TRES ZONAS

A peonalización actuará sobre tres zonas; a Praza de Santo Domingo, Praza do Ferrol e rúa San Fernando, e finalmente nas rúas Bolaño Ribadeneira, Quiroga Ballesteros e Amor Meilán. Lara Méndez destacou que con este traballo se persegue “non só mellorar, senón transformar a cidade”, co obxectivo, ademais, de “reducir nun 40 por cento as emisións de CO2”.

Un estudo previo sitúa que unha media “de 409,71 toneladas de CO2 ao ano” na zona vella de Lugo, ademais de reducir a presenza de coches e outros vehículos que actualmente suman sobre 37.000 á semana.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...