InicioLugo e contornaLugoCazan a un condutor cuadruplicando a taxa de alcolemia tras bater cun...

Cazan a un condutor cuadruplicando a taxa de alcolemia tras bater cun semáforo en Lugo

O impacto rematou coa estrutura derrubada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida despois de derrubar un semáforo de peóns na intersección de dúas vías. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 4,10 horas deste 10 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local desprazouse á rúa do Xenebro por un accidente de tráfico.

Os axentes comprobaron que un vehículo batera contra o mastro dun semáforo de peóns situado na intersección desta vía coa Avenida da Coruña, feito co que o derrubou. Ao observar que o condutor presentaba signos de embriaguez, foi sometido ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo resultado positivo de 1,06 mg/l, que supón máis de catro veces a taxa máxima permitida. Por iso, os axentes tramitaron acta de atestado e instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...