Home Lugo e contorna O goberno local de Lugo estuda iniciar accións legais pola gravación do carril bici feita polo PP

O goberno local de Lugo estuda iniciar accións legais pola gravación do carril bici feita polo PP

0
O goberno local de Lugo estuda iniciar accións legais pola gravación do carril bici feita polo PP
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, presenta o novo carril bici EDUSI | Concello de Lugo

O Concello de Lugo anunciou este martes que estuda emprender accións legais pola gravación que o Partido Popular efectuou do carril bici o pasado mes de xaneiro para comprobar cantos ciclistas facían uso do itinerario ao día.

Nun comunicado, o goberno local cualificou o comportamento de “nada ético” e expón a posibilidade de que sexa “constitutivo de infracción e sancionable”. O documento engade que van pór os feitos en coñecemento da Axencia de Protección de Datos para que “analice e actúa en consideración”.

O pasado mes de xaneiro, grupo municipal do PP quixo comprobar o uso que os lucenses facían do carril bici situado na Rolda do Carme e para iso instalaron unha cámara nun coche aparcado xunto ao viario, que estivo a gravar durante 15 horas, como eles comunicaron este luns.

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Miguel Fernández, explicou este martes que durante as últimas horas “foron moitos os veciños” que manifestaron o seu rexeitamento ás gravacións e trasladaron as súas queixas ao goberno local e ao Partido Popular, por consideralas “inapropiadas” e “ilexítimas”.

+ posts