InicioSucesosLocalizan dúas nenas que se meteran en fontes de Lugo para facerse...

Localizan dúas nenas que se meteran en fontes de Lugo para facerse fotos e subilas a redes

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, sobre as 21,15 horas do pasado venres 11 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou no xardín que bordea a fonte da praza Fonte do Rei varias pezas de vestir e dous pares de zapatos tirados na herba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou a dúas nenas de 10 e 12 anos no interior dunha fonte na que, segundo manifestaron as menores, metéronse para facerse fotos e subilas a redes sociais.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, sobre as 21,15 horas do pasado venres 11 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou no xardín que bordea a fonte da praza Fonte do Rei varias pezas de vestir e dous pares de zapatos tirados na herba.

Os axentes, así mesmo, viron no interior da fonte a dúas nenas de 10 e 12 anos descalzas e cos pantalóns mollados, quen manifestaron que se introduciron na fonte para sacar fotos e subilas a redes sociais.

Os axentes localizaron aos pais das menores, que manifestaron que deixaran ir ás nenas ao parque da Praza Matías Bernal e, ao non velas, “estaban preocupados buscándoas”, puntualizan as mesmas fontes municipais, tras o que foron entregadas polos policías e quedaron ao coidado da súa familia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...