InicioLugo e contornaEscaseza de tests covid gratuítos en Lugo: "só dan quince ao día"

Escaseza de tests covid gratuítos en Lugo: “só dan quince ao día”

Fapacel recolle queixas sobre a campaña de rastrexo lanzada pola Xunta de cara á volta ás aulas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta de Fapacel, as asociacións de pais e nais da provincia de Lugo, Isabel Calvete, denunciou que recibiron “queixas” porque “non” hai suficientes tests de antíxenos para alumnos “nas farmacias adheridas ao programa da Xunta”, e que son gratuítos. En canto ao reinicio do curso escolar na provincia, tras as festas de Nadal, Calvete sinalou que lles está “chegando información a contagotas, de ANPAS que constatan que están a faltar profesores e tamén alumnos”.

Con todo puntualiza que “non son moitos” os casos de contaxiados por Covid entre o persoal académico e o alumnado, á vez que lembrou “o compromiso da Xunta é cubrir as baixas en 48 horas”. “Temos que esperar a ver se entre hoxe e mañá están a cubrirse esas baixas coa celeridade prometida”, ha afimado. En canto a contaxios de “nenos”, destacou que constan casos no “IES de Monterroso e no CPI de Cervantes, e tamén nalgún outro centro da montaña de Lugo”.

Calvete puntualizou que “non son moitos” os casos, e en canto a profesores “son un ou dous” os contaxiados, nalgún dos centros escolares da provincia de Lugo. A presidenta de Fapacel denunciou que lles chegaron “queixas de que non había bastantes tests de antíxenos na farmacia adheridas ao programa da Xunta, das probas gratuítas para os nenos”. “Soamente teñen quince tests diarios para repartir nesas farmacias e teñen algún problema”, apuntou finalmente.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...