InicioEconomíaA Deputación de Lugo continuará a ampliación da estrada de Pedrafita a...

A Deputación de Lugo continuará a ampliación da estrada de Pedrafita a Seoane do Courel

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, indicou que"este investimento vai contribuír a avanzar cara ao reequilibrio territorial que resulta imprescindible para o futuro do noso rural".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou que o próximo ano “estará totalmente renovada e ampliada” a estrada que une Pedrafita do Cebreiro con Seoane, no concello de Folgoso do Courel.

Porto asegurou que se trata dunha “estrada importante, para estes dous municipios porque vai beneficiar aos veciños dos mesmos e tamén a toda” esa comarca da montaña de Lugo.

“Cando estean concluídas a totalidade das obras desa estrada no tres tramos distintos, desde a Deputación investiriamos case un millón de euros”, concretou na rolda de prensa celebrada tras a reunión da xunta de goberno.

Segundo indicou, “este investimento vai contribuír a avanzar cara ao reequilibrio territorial que resulta imprescindible para o futuro do noso rural, mellorando a mobilidade dos veciños da zona e de todos os que se acheguen a calquera destes dous concellos”.

Un anuncio que trasladaba logo de informar, previamente, de “a adxudicación da obra que se corresponde cos traballos de ensanche e mellora dun novo tramo desta estrada” entre Pedrafita e Seoane do Courel.

Trátase da estrada provincial LU-P-1301, e neste caso, para ese tramo, o “importe son case 300.000 euros”, que vai desde o punto quilométrico 8,6 ao 10,7. “Estas actuacións contemplan ampliación da estrada pasando do actuais catro metros de ancho, ata chegar aos 5,5, e tamén se van facer tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical”, debullou.

Así mesmo, Pilar García Porto avanzou a firma de “un convenio de colaboración co concello da Pobra do Brollón, para acondicionar o segundo piso do edificio multiusos municipal para un albergue de 36 prazas por algo máis de 120 mil euros, en dúas anualidades”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...