InicioSociedadeA Deputación traballa na elaboración do primeiro plan de igualdade da institución

A Deputación traballa na elaboración do primeiro plan de igualdade da institución

O vindeiro mércores procederase á constitución da comisión encargada de coordinar os traballos para redactar o plan de igualdade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo traballa no desenvolvemento e articulación do primeiro plan de igualdade da institución, que pretende “modernizar o sistema de xestión” para contar cunha “estrutura e unhas relacións coa sociedade guiadas pola igualdade de xénero”.

Así o explicou a portavoz do goberno provincial, Pilar García Porto, tras a convocatoria dunha xunta de portavoces na que o presidente da Deputación luguesa, José Tomé, trasladou aos grupos a intención de elaborar este plan.

O vindeiro mércores procederase á constitución da comisión encargada de coordinar os traballos para redactar o plan de igualdade. Este órgano estará composto por oito persoas que representarán ao goberno da institución, o seu persoal e organizacións sindicais.

Por outra banda, a xunta de goberno provincial aprobou unha partida de 33.000 euros para a dixitalización das 126.000 páxinas do Boletín Oficial da Provincial (BOP) entre os anos 1834 e 1961.

“Damos un paso máis para aumentar a accesibilidade e salvagardar toda a información que recollen lestes documentos, que conforman unha parte moi importante do patrimonio e da historia da nosa provincia”, resaltou García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...