InicioLugo e contornaSeis concellos de Lugo quedan libres da praga da pataca

Seis concellos de Lugo quedan libres da praga da pataca

O DOG publica a resolución da decisión tomada o pasado 23 de novembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Medio Rural pola que un total de 16 municipios das provincias da Coruña e Lugo quedan libres da praga da pataca.

En concreto, trátase dos municipios lucenses de Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto. Esta decisión, que agora se publica, xa se comunicou o pasado 23 de novembro con motivo da comisión de seguimento da polilla guatemalteca, na que se identificou un “avance significativo” na contención da praga previa a unha “unha posible erradicación”.

ZONAS TAMPÓN

No tocante a zonas tampón, de separación con áreas infestadas, pasan a considerarse así á totalidade da superficie dos municipios de: Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.

Na provincia de Lugo, a zona tampón afecta os municipios de: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Ocorre o mesmo nas parroquias de Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Villaformán e Villapena, no municipio de Trabada.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...