InicioSucesosDenuncian acoso a mulleres no campus de Lugo por parte dun encapuchado

Denuncian acoso a mulleres no campus de Lugo por parte dun encapuchado

Por estes sucesos piden a mellora da iluminación do campus de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización de Esquerda Unida en Lugo fíxose eco das denuncias de varias mulleres que aseguran ser acosadas por un home na zona do anfiteatro do campus universitario da Cidade dás Murallas.

Segundo expuxo este venres a secretaria de organización de Esquerda Unida en Lugo, María José Rodríguez, o suposto acosador viste unha prenda deportiva con carapucha coa que oculta o seu rostro e adoita resgardarse nunha zona con árbores desde onde aborda ás mulleres que pasan por alí “aproveitándose da nula iluminación” do lugar.

Aínda que María José Rodríguez sinala que, polo momento, non se produciu “ningún ataque”, unha muller tivo que “saír ás carreiras e refuxiarse” no edificio que alberga o Hospital Veterinario do Rof Codina. Esta vítima pediu axuda aos profesionais de seguridade privada do campus, que non lograron dar co paradoiro do individuo.

Esquerda Unida fai fincapé en que esta zona é moi utilizada “por persoas que levan a pasear aos seus cans ou saen tamén a correr, e estudantes que van ou veñen da Biblioteca Intercentros”.

Deste xeito, reclaman ao Concello e á Deputación de Lugo que adopten “as medidas oportunas para garantir a seguridade das persoas que atravesan esa zona do campus universitario, que conta con farois pero sempre están apagadas ou fundidas”.

DEPUTACIÓN DE LUGO

Cuestionada respecto diso na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da deputación celebrada este venres, a portavoz do executivo provincial, Pilar García Porto, expresou o seu “rexeitamento absoluto ante comportamentos deste tipo”.

García Porto sinalou que existe un proxecto, presentado hai dous meses, para “acondicionar” e “mellorar” as condicións na zona onde están a dar estes episodios.

“A Deputación de Lugo vai colaborar coa Universidade de Santiago, a través do campus de Lugo, para acondicionala adecuadamente. Desde logo que se vai a mellorar e que así sexa de utilidade e goce para a totalidade dos alumnos, profesorado e como vinculo de unión coa cidade”, incidiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...