InicioSociedadeMáis de sesenta máquinas garantirán a seguridade na rede viaria da Deputación...

Máis de sesenta máquinas garantirán a seguridade na rede viaria da Deputación de Lugo

Segundo os datos do servizo de Xestión Territorial da Deputación, o operativo realizou case 600 intervencións na pasada tempada, tanto preventivas como paliativas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou este xoves na Fonsagrada o Plan de Vialidad Invernal despregado polo organismo provincial para a tempada 2021-2022.

Tomé Roca resaltou, nun acto acompañado por alcaldes, a importancia de contar cun protocolo destas características para facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible aos incidentes que se poidan producir na rede viaria provincial.

Xunto cos recursos propios da Deputación, traballarán sete empresas. En concreto, o dispositivo está composto por 112 operarios e 48 máquinas, ademais de 12 silos que a institución provincial ten distribuídos por toda a provincia e que dispoñen de 420 toneladas de sal de mina.

O plan divídese en oito zonas. Por outra banda, dos 4.200 quilómetros de estradas, a metade están situados a máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar.

Segundo os datos do servizo de Xestión Territorial da Deputación, o operativo realizou case 600 intervencións na pasada tempada, tanto preventivas como paliativas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...