InicioSucesosUn camión do lixo baleira a súa carga nun solar de Abella

Un camión do lixo baleira a súa carga nun solar de Abella

O Concello de Lugo pedirá responsabilidades a Urbaser.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abriu unha investigación para “esclarecer” as causas da vertedura de lixo que un camión descargou nun solar da zona de Abella que, segundo apuntou a veciñanza.

Segundo informou o tenente de alcaldesa e concelleira de Medio Ambiente, Miguel Fernández, “desde o mesmo momento en que tiveron coñecemento da situación”, ordenaron á empresa adxudicataria, Urbaser, a retirada dos restos, así como a limpeza da zona afectada, “petición que foi atendida de inmediato”.

“Entendemos que feitos como estes, que atentan contra a salubridade urbana e preocupan e causan molestias á veciñanza, deben ser atallados de inmediato e sancionados”, explicou. É por este motivo que Lugo pediu tamén a Urbaser que “pida responsabilidades a quen corresponda” e adopte “as medidas necesarias para que non volva ocorrer”.

A área de Medio Ambiente remarcou ademais que a zona “está agora en perfectas condicións” e pediu desculpas á veciñanza polas molestias.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...