InicioLugo e contornaLugoAgromuralla propón unha "folga de entregas" para sacar o leite dos supermercados

Agromuralla propón unha “folga de entregas” para sacar o leite dos supermercados

Ameazan co desabastecemento se os prezos non soben.

PUBLICADA O

- Advertisement -

presidente do colectivo gandeiro de Lugo “Agromuralla”, José LuísPérez, ameazou con facer unha “folga de entregas” de leite á industria, dado que tanto empresas lácteas como distinta administracións “siguen mirando para outro lado” ante os baixos prezos e a subida dos custos de produción.

Esta asociación xa protagonizou unha gran tractorada na cidade de Lugo o pasado catro de novembro, que segundo Pérez foi “bastante apoiada” pero que apenas serviu para reverter a situación dos prezos. “Hai que seguir facendo presión a nivel nacional, a nivel local igual non se pode facer moito máis, aínda que esa manifestación en Lugo foi bastante apoiada”, remarcou, tras o que incidiu en que só queren que “se cumpra a lei de cadea alimentaria”.

Mesmo vai máis aló no que poderían ser as novas protestas, ao porse en contacto con gandeiros doutras “comunidades autónomas” e con outros sectores como o transporte de mercadorías, que expuxo paros durante tres días antes de nadal. É por iso que deslizou a idea de “facer unha folga de entregas e así si que imos chegar a todo o mundo, sobre todo nas cidades, e que empece a verse que non hai subministración de alimentos”. “A xente así seguro que vai tomar conciencia e así se vai a manifestar todo o mundo”, advertiu.

No seu caso –o dos gandeiros–, non se fornecería leite ás “industrias”, para o que van tratar de contar co “apoio do transporte”. “A unión de varios sectores sería moi importante”, deixou caer. José Luís Pérez comentou que “canto máis ruído, máis forza se pode facer porque o goberno central ten que darse conta que ten que tomar cartas no asunto e non seguir mirando cara a outro lado”. “A forma de facer presión é facendo unha gran mobilización a nivel nacional”, ha amenzado. Pérez lamentou que tras as protestas dos gandeiros das últimas semanas, “a cousa non se move, nin as industrias nin a administración están a tomar nota” porque seguen cobrando “o mesmo e dispáranse os custos, sobre todo o penso, que segue subindo”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...