InicioSociedadeO delegado do Goberno destaca a aposta do Executivo central por Lugo...

O delegado do Goberno destaca a aposta do Executivo central por Lugo coa nova sede do INE

Así o sinalou durante unha visita ao restaurado edifico do antigo Sanatorio Portela, na que estivo acompañado pola alcaldesa, Lara Méndez, e o director provincial do propio INE, José Manuel Colmenero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, situou este mércores a recuperación dun edificio histórico de Lugo como nova sede do Instituto Nacional de Estatística (INE) como exemplo da aposta do Goberno por impulsar proxectos para esta cidade.

Así o sinalou durante unha visita ao restaurado edifico do antigo Sanatorio Portela, na que estivo acompañado pola alcaldesa, Lara Méndez, e o director provincial do propio INE, José Manuel Colmenero.

“Estamos diante dun bo símbolo da aposta que fai este Goberno por Lugo, polo futuro do seu patrimonio e dos servizos públicos, que tamén se reflicte no orzamento e no plan de recuperación”, afirmou no acto do que informou a Delegación do Goberno nun comunicado.

José Miñones puxo en valor a actuación para recuperar o patrimonio arquitectónico da man do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e do seu titular, a vicepresidenta primeira Nadia Calviño. Nese sentido, lembrou que o Goberno fai tamén unha “clara aposta” pola rehabilitación do patrimonio e dos espazos públicos, dos que este inmoble é un “elemento notable”.

O Goberno xa ten comprometidos para Galicia un mínimo de 220 millóns de euros para rehabilitación e rexeneración urbana dentro do Plan de Recuperación, máis de 27 deles destinados á rehabilitación de edificios públicos pertencentes á Xunta aos que se sumarán os proxectos que acheguen os concellos e deputacións”, engadiu para sinalar que, a estes fondos, súmase unha nova transferencia de 67 millóns de euros á Xunta para rehabilitar vivendas e barrios.

O obxectivo é que as cidades e pobos galegos “aproveiten e poñan en valor todo o seu patrimonio, porque é unha herdanza que non se debe dilapidar” dentro da procura dunha “economía que creza da man dunha recuperación xusta”. “Buscamos gañar espazos para a cidadanía e transformar as cidades”, sinalou.

“Traballamos para que Lugo e a súa provincia deixen de estar no furgón de cola, como demostra polo proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2022, xa que “é a segunda provincia en investimento por habitante por parte do Ministerio de Transportes”.

Así, concretou que o departamento destina a esta provincia 298,12 millóns de euros para avanzar nas infraestruturas, o que supón unha cantidade de case 915 euros por persoa residente na provincia”, continuou.

NOVA SEDE DO INE

Segundo destacou a Delegación do Goberno en Galicia, o INE comprou o edificio, que levaba anos abandonado, en 2006 por 1,8 millóns de euros. As obras desbloqueadas polo Goberno actual, nas que se vacó por completo o interior, supuxeron un investimento de 2,4 millóns.

Ademais da recuperación dun edificio destacado do patrimonio arquitectónico da cidade, a nova dotación supón un importante aforro para o erario público xa que o INE pagaba 100.000 euros anuais de aluguer da súa sede anterior.

O edificio é un ben que está rexistrado no Inventario de Patrimonio Cultural de Galicia. Foi construído a mediados do século XX, por encargo de Manuel García Portela, de acordo cun proxecto do arquitecto Alfredo Vila López, e que estivo destinado orixinalmente a uso sanitario.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG denuncia o aval de Rueda ao “pacto do tanatorio” que permitiu a moción de censura en Lugo

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG e exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Arroxo, candidato do BNG para 2027 en Lugo coa “convicción” de recuperar o goberno

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, formalizou este luns a...

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Integrantes da Praza de Abastos piden unha reunión co novo goberno local

Responsables de locais da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros de...