InicioLugo e contornaLugoLugo despide un San Froilán "sen incidencias" acompañado polo bo tempo

Lugo despide un San Froilán “sen incidencias” acompañado polo bo tempo

A edil de Cultura asevera que a festa evidenciou as ganas de regresar á normalidade pospandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo destacou a celebración das festividades do San Froilán no municipio, un evento que transcorreu sen “incidencias” e que evidenciou as “ganas” dos veciños de recuperar a normalidade tras a pandemia.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, compareceu este mércores en rolda de prensa para facer balance das festas patronais da cidade, un San Froilán que non estivo ao “cento por cento” do que debería pero que contou “cunha resposta apropiada en canto á participación”.

“Foi un San Froilán positivo, contamos coa axuda impagable do bo tempo que fixo que moitas persoas saísen á rúa a gozar de todas as actividades organizadas ao aire libre”, incidiu.. En suma, houbo en total 50 actuacións de bandas de Lugo, máis 25 pasarrúas, que permitiron gozar do “talento musical que hai na cidade, ademais con estilos de música diferentes”.

Ferreiro destacou que as entradas se esgotaron “ás tres horas” e que moitos dos asistentes contemplaron as actuacións desde un “recinto habilitado” para os distintos espectáculos.

Tamén se referiu ao ‘San Froilán Miudo’, con 14 actividades para público infantil, catro delas itinerantes, “que animaron as rúas de Lugo con espectáculos moi vistosos”, ou os espectáculos do Mago Antón polos distintos barrios, “onde participaron sobre 1.200 persoas”.

Así mesmo, puxo o foco na volta das orquestras. “Estas festas demostráronnos que temos ganas de diversión, temos ganas de bailar e de abrazarnos, a pesar das medidas impostas pola pandemia podemos volver retomar, un pouco, a actividade normal”.

Finalmente agradecía a “participación e implicación” dos hostaleiros suplindo a ausencia das “casetas do polbo” coa instalación de “caldeiros” na contorna dos seus negocios e dos efectivos de seguridade e Emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...