InicioLugo e contornaLugoLugo recupera o músculo turístico pre pandemia

Lugo recupera o músculo turístico pre pandemia

As oficinas de turismo de Lugo rexistran 34.473 visitantes no que vai de 2021. Maite Ferreiro di que son datos "similares" aos de 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As oficinas de turismo do Concello de Lugo contabilizaron 34.473 visitantes ao municipio no que vai de 2021, datos que o propio goberno local cualifica como “similares” aos de 2019.

Os dous puntos de información do Concello, a Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo e o punto de información turística habilitado durante o verán na Praza Maior, atenderon a estes 34.473 turistas, dos que o 94,2% –un total de 32.452 persoas– correspóndense á campaña de verán. En 2019, o número total de visitantes foi de 51.282, dos que 40.071 correspóndense á época estival.

A concelleira de Turismo, Maite Ferreiro explicou que “a campaña de verán situou ao municipio en números similares a 2019”, aínda que “os primeiros meses de ano Lugo continuaba con restricións severas”. “Lugo situouse como un destino estratéxico á hora de visitar Galicia”, engadiu.

O goberno local destaca ademais as cifras de visitantes aos centros museísticos da cidade. O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), acolleu no verán de 2021 a 7.478 turistas, 2.408 máis que en todo 2019 e seis veces que en toda a campaña estival dese ano.

Os datos das instalacións turísticas arroxan que os principais lugares de destino destes visitantes son outras rexións de Galicia, Madrid, Cataluña, Valencia, País Vasco e Andalucía. En canto ao turismo internacional, Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas rexistrados nas estatísticas municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...