InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Lugo, con reservas só para un mes

O Banco de Alimentos de Lugo, con reservas só para un mes

A organización mantense "á espera" da doazón de diñeiro que "o concello de Lugo dixo que ía dar para alimentos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Lugo ten reservas para un mes, “ata mediados de setembro”, segundo alertou este luns a súa presidenta, Amadora Núñez.

Núñez recalca que supuxo un certo alivio “o que achegou o pobo de Lugo a través do Gadis, que foron sete toneladas de arroz; a Fundación Reina Sofía que achegou 22 toneladas de pasta ou a Xunta de Galicia, que entregou dez toneladas de aceite de girasol”. “Con iso vaise tirando”, afirmou.

A presidenta do Banco de Alimentos asumiu que “isto non dá para moito” e advirte de que “chegará ata mediados de setembro e iso porque había fondo de alimentos”. “Tamén xente de Lugo doou lentellas e azucre e grazas a Pepsi que nos trouxeron dous trailers de refrescos e outro de patacas fritas para os rapaces”, engadiu.

Amadora Núñez apuntou que o banco está “á espera de que o concello de Lugo doe o diñeiro que dixo que ía dar para alimentos”. “Estamos a esperar a que chegue”.

En canto ás familias que atenden, calcula máis de mil nas tres delegacións; a da cidade de Lugo, a da Mariña e a da zona sur en Monforte. Son tamén numerosas, máis de 50, as familias que se atopan illadas pola covid ás que tamén levan os alimentos ás súas casas.

“Nestes momentos moita xente falta, moita xente non pode desprazarse (aos almacéns do Banco de Alimentos) e non puideron vir desde hai dous martes porque hai moita xente illada”, indica Amadora Núñez.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

Lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo no Vello Cárcere de Lugo

O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas...