InicioSucesosUnha festa entre non conviventes de madrugada remata con tres denuncias en...

Unha festa entre non conviventes de madrugada remata con tres denuncias en Lugo

Varias persoas deron aviso á Policía logo de escoitar ruídos e "música con volume elevado" nunha vivenda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo procedeu a denunciar varias persoas tras un aviso por ruídos nunha vivenda na que había persoas non conviventes de madrugada a pesar de estar restrinxido polas medidas para frear a Covid-19. Segundo informou a Policía Local de Lugo, durante a noite do domingo ao luns ás 1,40 horas axentes municipais acudiron a unha vivenda da rúa Laverca debido a queixas veciñais polo ruído procedente dun dos pisos.

Unha vez no lugar, os axentes localizaron o piso do cal procedían berros e música “con volume elevado”, destacan as mesmas fontes, polo que se puxeron en contacto coa moradora, quen lles manifestou que descoñecía as molestias e indicou que estaba en compañía de tres persoas, dúas delas non convivientes, aínda que só unha accedeu a identificarse voluntariamente.

Por iso, os axentes realizaron informe-denuncia, aseguraron as mesmas fontes policiais, polas molestias causadas e as denuncias por incumprimento de medidas de prevención por agrupación de non convivientes entre a 1,00 e 6,00 horas, ao estar Lugo en nivel alto de restricións. Ademais, a Policía Local destacou que iniciou as investigacións necesarias para a identificación das outras dúas persoas presentes, xa que ambas foron vistas polos policías desde o exterior.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...