InicioLugo e contornaLugoLugo achégase aos 1.000 casos activos tras rexistrar case 200 contaxios

Lugo achégase aos 1.000 casos activos tras rexistrar case 200 contaxios

Pola contra, non conta con hospitalizados en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia supera os 10.000 casos activos de covid-19, con 10.363 infeccións activas, tras varios días consecutivos de ascenso, nunha xornada na que tamén sobe a presión asistencial, con 23 novos hospitalizados.

Segundo os datos feitos públicos este domingo pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do sábado, hai 122 persoas ingresas por covid-19, 23 persoas máis que na xornada anterior. Do total, 100 están en unidades de hospitalización convencional –21 máis–, e 22 en unidades de coidados intensivos –dous máis–.

Os novos contaxios detectados nun só día en Galicia baixan ata os 1.170, tras dúas xornadas consecutivas por encima dos 1.300. Respecto deste sábado, notificáronse 168 casos novos menos. Se se observan as cifras por áreas sanitarias,a presión asistencial sobe en seis das sete zonas, e non descende en ningunha –Ferrol queda estancado respecto dos datos da última xornada–. Na de Lugo-A Mariña-Monforte, o repunte é mínimo e suma un novo ingresado co que alcanza os 10 pacientes en planta convencional, xa ningún deles está na UCI.

MÁIS DE 10.000 CASOS ACTIVOS

Galicia contabiliza, segundo datos das 18,00 do venres, un total de 10.363 casos activos de covid-19, que implican 946 máis que o día anterior. Por tanto, mantense a tendencia ascendente por vixésimo quinto día consecutiva. Por áreas sanitarias, todas elas seguen co ascenso exponencial. A maior subida rexístraa a da Coruña-Cee, que alcanza os 1.730 (+213); seguida pola de Vigo, que suma xa 2.319 casos activos (+189). Moi por detrás queda Lugo, que se achega aos 1.000 casos activos despois de sumar 139 –neste momento hai 936–. Todod despois de rexistrar 188 contaxios novos, só por detrás de Vigo e A Coruña.

TAXA DE POSITIVIDADE DISPARADA

Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.462.257 PCR. Isto implica que no último día realizáronse 7.567 probas, unhas 900 menos que as feitas a xornada anterior. No que respecta á taxa de positividade das PCR, segue en ascenso, e alcanza este domingo o 13,39%. Así, a Comunidade galega segue moi por enriba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...