InicioLugo e contornaLugoA área de Lugo sobe en casos activos mentres Galicia queda estancada

A área de Lugo sobe en casos activos mentres Galicia queda estancada

Mantense en cinco hospitalizados, un deles en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 descenderon lixeiramente a 1.269 –cinco menos– no conxunto de Galicia tras o incremento da xornada anterior e os pacientes hospitalizados por este coronavirus caeron a 49 –un menos–, mentres que os novos contaxios redúcense a 81 e a taxa de positividade segue por baixo do 2%.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, os pacientes Covid ingresados en Galicia en UCI descenden a 13 –dous menos– e os que permanecen noutras unidades aumentan a 36 — un máis–. Lugo, pola súa banda, continúa un en críticos e catro noutras unidades.

MÁIS CASOS

En canto aos casos activos de Covid descenderon lixeiramente a 1.269 tras frearse a xornada anterior a tendencia descendente, o que supón cinco menos, ao haber máis altas (86) que contaxios (81). Por tanto, mantéñense en niveis de finais da primeira quincena de agosto do ano pasado. O caso é contrario na área lucense, que sobe en tres ata chegar aos 164 tras rexistrar 8 novos casos, menos que os dez da xornada anterior.

A nivel galego, a taxa de positividade mantense por baixo do dous por cento ao descender a un 1,6%, tras situarse nun 1,76% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,8%. Así, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...