InicioLugo e contornaOs traballadores de BBVA en Lugo deixan baleiras as oficinas para protestar...

Os traballadores de BBVA en Lugo deixan baleiras as oficinas para protestar contra o ERE

Consideran que se trata dunha medida "inxusta" xa que "a cúpula segue a subir os seus salarios".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadores de BBVA en Galicia mobilizáronse nunha xornada de folga convocada pola CIG, xunto cos sindicatos ELA, LAB SACT SEC e CGT, en rexeitamento a un expediente de regulación de emprego (ERE) que o secretario da sección sindical da central nacionalista na entidade, Miguel Fernández, cualificou de “inxusto” e “inxustificado”.

Fixérono nunha manifestación central celebrada na Coruña pero que tamén contou con seguemento en Lugo. O presidente do comité de empresa do BBVA na provincia, Miguel Fernández, ratificou que o seguimento da “folga” está a ser “masivo” en Lugo e en Galicia tamén. Fernández puntualizou que na provincia de Lugo –con 24 oficinas das que se pretende prescindir de cinco e cun ERE que afectaría a nove dos 96 traballadores– “están todas as oficinas pechadas, menos unha”. “O seguimento se non é do cento por cento, chega a esa porcentaxe”, aseverou.

UN CENTENAR DE DESPEDIMENTOS EN GALICIA

Das últimas reunións coa empresa, considerou que o resultado das mesmas non foi “nada positivo”.“En Galicia propoñen diminuír os despedimentos de 122 a 101 persoas, pero que 21 persoas pasen a prestar servizos de telemarketing empeorando as súas condicións laborais”. “É absurdo botar xente na rúa e que a que quede, quede en peores condicións”, expuxo. Tamén ha rexeitando o ERE polos beneficios obtidos pola entidade tanto o ano pasado como no primeiro trimestre. “E cunha cúpula directiva que se segue subindo os salarios”, recalcou como argumento para asegurar que “non hai motivo” para o citado expediente de regulación de emprego.

Sobre as prexubilacións, asegurou que no caso de Galicia, con 128 persoas maiores de 58 anos, non habería “problema para prejubilar”. “Pero onte –expuxo sobre a última reunión coa entidade– dinnos que van despedir maioritariamente a persoas de menos de 50 anos”. Por outra banda, lembrou que as protestas proseguirán a próxima semana na que convocaron un paro de dúas horas e unha nova xornada de folga o mércores.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...