InicioSociedadeDenuncian a "falta" de máscaras FFP2 para profesionais sanitarios do HULA

Denuncian a “falta” de máscaras FFP2 para profesionais sanitarios do HULA

A CIG-Saúde critica que Feijóo pida o uso xeneralizado desta máscara mentres traballadores do Sergas teñen que adquirila pola súa conta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG-Saúde de Lugo volveu denunciar a “falta de máscaras FFP2 para profesionais sanitarios”. Critican que non se facilite este material de protección a persoal de administración, laboratorios, cociña e esterilización, entre outros, do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) debido a que, segundo reprobou, a xerencia da área considera que “non teñen atención directa” ao paciente.

Neste sentido, a CIG cuestionou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pedira ao xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, xeneralizar o uso de máscaras FFP2 mentres os servizos do Sergas “traballan sen ela” ou a adquiren pola súa conta para acudir aos seus postos de traballo “protexidos e protexendo”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...