InicioSociedadeAs reunións familiares foron a orixe da maioría de positivos desta fin...

As reunións familiares foron a orixe da maioría de positivos desta fin de semana

Ao xerente da área sanitaria de Lugo "preocúpalle" que este incremento teña repercusións na presión asistencial, que de momento se mantén estable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, constatou “un incremento importante” de casos activos de Covid-19 a fin de semana, cuxa orixe sitúa en “reunións familiares”.

Ares explicou que a situación en “a cidade de Lugo segue sendo preocupante”. “Xa viñamos dunha semana onde tivemos un incremento no número de casos e esta fin de semana o comportamento foi igual, cun incremento importante”, destacou.

Esta subida nos positivos hai que delimitala a que “son todos contactos de casos xa existentes, e estas cadeas de transmisión prodúcense no ámbito familiar”.  Por iso, Ares insiste en que se deben manter todas as medidas de vixilancia e seguridade en todo momento.

CONSECUENCIAS NOS HOSPITAIS

O xerente admite que lle “preocupa” esta situación, porque “ten a súa afectación tamén na presión asistencial, que aínda que está estable incrementouse en Monforte (Hospital de Monforte) e Burela (Hospital da Costa)”. Neste último, permanecen ingresados 6 pacientes; en Monforte, 7; e no HULA, 20 en planta e 4 na Unidade de Coidados Intensivos.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...