InicioSociedadeLugo segue á cola nos contaxios por covid pero vai sumando positivos:...

Lugo segue á cola nos contaxios por covid pero vai sumando positivos: 52 máis dende onte

Xa hai 743 positivos detectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os positivos confirmados por Covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia repuntaron a 682, deles 172 na área sanitaria de Vigo –que se sitúa á cabeza con maior número de casos activos tamén– e 100 na da Coruña e Cee. Por áreas sanitarias, na de Ourense rexistráronse 89 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; na de Santiago e Barbanza, 86; outros 83 na de Pontevedra e O Salnés; 80 na de Ferrol e 72 na de Lugo.

52 CASOS MÁIS

En canto aos casos activos, a área sanitaria de Vigo sitúase á cabeza, con 1.502, tras sumar 144 máis con respecto a este martes; seguida da de Ourense, con 1.414 –nove menos–, que é a única na que descenden en Galicia. Mentres, a área da Coruña colócase con 1.285 casos activos –84 máis–; a de Santiago e Barbanza conta con 1.186 –58 máis–; a de Pontevedra e O Salnés, con 785 –58 máis–; Lugo, con 743 –52 máis– e a de Ferrol ten 620 –74 máis–.

HOSPITALIZACIÓNS

As persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais en Galicia experimentaron unha leve caída tras varios días en ascenso e sitúanse en 452, aínda que continúan crecendo os pacientes en UCI, que chegan xa a 62 –catro máis–  A área de Lugo, A Mariña e Monforte non presenta novidades este mércores, día en que as persoas con Covid ingresadas mantéñense en 32 con dous pacientes en UCI e 30 en unidades de hospitalización.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...