InicioSociedadeA área de Lugo segue cunha baixada contida de contaxiados, mentres se...

A área de Lugo segue cunha baixada contida de contaxiados, mentres se disparan en Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus Covid-19 en Galicia aumentaron en 110 ata situarse este mércores en 4.460 tras detectarse 251 novos positivos, 141 altas e ningunha vítima mortal notificada nas últimas 24 horas. Con todo, Lugo segue a tendencia á baixa dos últimos días.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este mércores, os casos activos de Covid descenderon lixeiramente nas áreas sanitarias da Coruña e Lugo, pero aumentaron nas outras cinco, en especial na de Ourense, con 51 máis, onde se detectou un importante foco nunha residencia de Lobeira con medio cento de contaxiados.

Así, na área da Coruña e Cee os casos activos de coronavirus sitúanse en 1.110 –catro menos que este martes–; na de Lugo en 679 –oito menos–; 602 na de Ourense –51 máis–, 736 na de Pontevedra e O Salnés –34 máis–, 633 na de Santiago e Barbanza –seis máis–, 511 na de Vigo –22 máis– e 189 na de Ferrol –nove máis–.

Ata a data en Galicia curáronse 17.308 persoas, o que supón 141 máis que este martes e rexistráronse 721 falecementos, polo que non se notificaron novas vítimas mortais na Comunidade galega desde a xornada pasada. O número de PCR realizadas en Galicia ascende a 440.382 fronte ás 434.864 rexistradas ata este martes, segundo os datos actualizados por Sanidade.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...